SOBRE O DANO QUE FAI O TABACO
     
 

DURACIÓN : 1 h. aprox.
TEXTO : Antón Chéjov
XÉNERO : Humor
ESTILO : Clown
TÉCNICO : Lois Soaxe
ACTOR : Jouse García
DRAMATURXIA : Xron e Jouse García
DIRECTOR : Xesús Rón

“Sobre o dano que fai o tabaco” trata dun home fumador dominado pola súa muller que se ve obrigado a dar unha conferencia en galego sobre o tabaco .
Neste espectáculo fálase da hipocrisía da sociedade tantas veces agachada en falsas campañas de beneficencia, da soidade dos individuos ou da dominación que pode existir detrás desa outra fachada de cartón que é a familia. O conferenciante, é un pobre home resentido e desgraciado, solitario e inocente que se sente desprotexido.
O noso home sen embrago é un clown. O Clown é tamén un ser desprotexido, solitario e inocente, pero viaxa acompañado das súas verdades de Clown. Por iso pode falar do que lle peta, pode converter en puro divertimento un texto tan anacrónico ou transformar en auténtico disparate o ritual que rixe unha conferencia.

AGRADECEMENTOS : Casino do Carballiño

PRENSA : A estrea da primeira montaxe de Nove-Dous pode cualificarse de éxito. Nun tempo aproximado dunha hora, Jouse García puxo de manifesto as súas amplas dotes de Clown, técnica de interpretación que aprendeu cos mellores especialistas, para acercar ó público todo o universo realista do autor Antón Chéjov, nunha adaptación libre do texto dirixida por Xesús Ron.
As referencias ó dominio da muller no matrimonio que converten a personaxe monologante nun ser desgraciado e con tendencia á bulimia e ó alcoholismo; ás chiscas críticas á publicidade enganosa dos ximnasios e clínicas de adelgazamento; alusións a agresividade televisiva que invita ó consumismo, enmarcan un drama centrado metaforicamente nos perigos do tabaco. O paquete e a música de Marlboro envolven o ambiente de principio a fin a pesar de que “o tabaco é unha planta” e a faria cubana remata sustituíndo ó ramallete de flores.

Faro de Vigo, 5 de Xaneiro de 1997