O PORQUÉ DAS COUSAS

No Porqué das cousas atopámonos con miniaturas espidas de todo disimulo, relacións humanas e personaxes que reflicten as contradiccións do mundo contemporáneo. Teatralmente falando, a proposta de Monzó é arriscada xa que nos diálogos non hai cabida para os rodeos; a precisión coa que se desenvolven as súas personaxes require dun gran control artístico por parte dos que nos achegamos a levar isto a un escenario e, sen embargo, na súa exactitude reside a súa forza: esperanza,desencanto, dobre intención, medo e desexo xuntanse para crear un teatro de situación sen ningún artificio. Hai unha obsesión latente en tódalas historias, unha obsesión (estilizada para evitar o exagerado) convertida en materia teatral de primeira calidade.

Se algo ten de atractivo O Porqué das Cousas é a relación dos personaxes coa felicidade. As veces buscana, outras a retardan e incluso a esquivan. E cando a atopan vense invadidos por un gran baleiro. Sen embargo todo está pintado dun optimismo que invita a gozar da vida. E por último, o humor.As historias de Monzó poden ser máis ou menos agrias , pero todas funcionan perfectamente porque van acompañadas da dose exacta de ironía e humor, cun estilo sutil, sen superar o límite, de maneira que podamos vernos reflectidos nas situacións sen levarnos cara o “drama”. Monzó propón un estilo de comedia limpo e directo.

Este espectáculo pretende ser un xogo de cartas no que forma e contido crean un todo exquisito cunha soa pretensión, emocionar o espectador.

DURACIÓN : 1 h. 05min. aprox.
TEXTOS : Quim Monzó.
ACTORES :Josi Lage,Jouse García e Lois Soaxe
TRADUCCIÓN : Carlos Ledo e Clara Vázquez.
TÉCNICO : Ramón Paz
DIRECTOR : Roberto Cerdá

 

TEMA : ...Tres actores irrompen no espazo deshabitado dun escritor...o descubrir un libro ó azar eles mesmos comezan a representa las historias que se enuncian nas súas páxinas...

AGRADECEMENTOS :
Concello de Boborás, Área de Cultura del Concello de O Carballiño, Concellería de Cultura del Concello de A Cañiza, Agasallos Rula.

 

 
 
 
 
   
 
 
 
 
 
   
 
 
 
 
 
   
 
 
 
 
 
 
FOTOGRAFIAS:
 
Ramón Paz