ONDAS
 
 
Estrea en 2004
 

Fixen o meu debut teatral no colexio. Cantaba unha panxoliña disfrazado de porquiño. Foi unha experiencia decepcionante. Ese día prometinme que non descansaría ata atopar papeis máis dignos, máis hixiénicos. De seguida comprendín que o único lugar onde podía atopalos era o meu váter.


Encerreime nos lavabos do colexio para latar a clase de matemáticas. Nun arrebato escribín na parede: "Ser ou non ser". Á mañá seguinte descubrín que alguén puxera debaixo: "Perdín un ovo”. Perante a E.X.B mantiven unha relación filosófica con ese neno baseada no anonimato. Pasou moito tempo. Agora el é animador cultural.
Tres cubalibres chegaron a convencerme de que era o príncipe Hamlet e debía ir, á saída da "disco" atoparme co espectro do meu pai. Cando o tiven enfronte e lle chamei pantasma, castigoume un mes sen saír. Pasei todo o inverno no meu váter, coa mosca detrás da esponxa.


Recibín o meu primeiro curso de teatro. Moi amablemente, regaláronnos a cuarta parede. Eu, como non sabía onde poñela, coloqueina no meu cuarto de baño. Aquela tarde asomeime ó corredor e berrei: "Nai, mañá non vou a clase; a partires de hoxe farei teatro independente!". Na penumbra, unha man peluda indicoume que falara baixo. Estaban vendo Luar.

Pasei a segunda quincena de agosto pechado no meu váter, preparando unhas oposicións de maxisterio. Namentres cantaba "Os gatiños" aprendín a amar a expresión corporal.
Desde hai anos (no que saín do baño para ir a un casting pero volvín axiña porque me mandaron fritir ovos) ata hoxe, sigo atrapado polo feitizo e a inspiración dos cartos de aseo. Traballei nunha compañía que se chamaba "Toaletta", o noso local é o máis parecido a un urinario e dannos subvencións para mexarse da risa.


GÉNERO : Comedia
AUTOR E DIRECTOR : Maxi Rodríguez
ACTOR : Jouse García
TRADUCCIÓN : Clara Vázquez
TÉCNICO : Ramón Paz


 
 
   
 
 
Fotografías:
 
Ramón Paz