|
MISACLOWN |
|||
| A verdade é que pouco hai que explicar sobre este espectáculo, penso que o nome é o suficientemente descritivo do que se vai ver, un clown que dá unha misa. É un espectáculo sinxelo, traballado dende a miña verdade de clown, inxenuamente, e cunha lóxica de clown moi sinxela. Non escollín como tema unha misa por ser un tema “tabú”, senón porque de man dábame un esquema moi fácil de imitar, todos temos na nosa testa como é unha misa, e iso en canto ó guión dábame moitas facilidades. Pero en ningún momento quixen facer unha parodia, nin criticar nada, en ningún momento do espectáculo se fai crítica, senón que vemos a un clown, que chega a un escenario, ve público e decide “imitar” un cura. Quero agradecer de todo corazón ás persoas que me axudaron a que isto fose o que é: Eric de Bont, por todo ó que me ensinou, polo seu apoio, as
súas ideas, os seus ánimos, por moitas cousas.
|
|||
![]() |
|||
![]() |
|||
![]() |
|||
![]() |
|||
![]() |
|||