Levántase
o pano e escóllese ó azar a primeira escena que
se representará e o rematar escóllese outra e
despois outra, e así “fabrícase” a
función de cada día.
Historias
Mínimas é unha selección de escenas do
libro do mesmo título de Javier Tomeo.
Historias
Mínimas é comedia, drama, poesía, amor,
absurdo, morte, en palabras do propio autor, Historias Mínimas
é ese “elo” freudiano que nos avergonza manifestar
en público por aquelo do que dirán e que precisamente
andamos reprimindo constantemente.