CURSOS
 

Damos varios tipos de cursiños, depende da elección da entidade que o solicite, nós o que podemos facer é asesorarvos, así que:

Cursiños de Teatro

Nenos
Xóves
Adultos

Este é para nós o cursiño máis completo, porque nel facemos exercicios de voz, ortofonía, corpo, expresión corporal, observación, disociación, memorización, canalización da enerxía, perda da timidez, etc .
Pois cremos que para facer teatro é necesario ter unhas ideas básicas de voz e corpo para chegar a unha boa interpretación e na súa finalidade poder subirse a un escenario a representar calquera tipo de personaxe.
Nós queremos que a xente comprenda que facer teatro non é facer simplemente unha obra, facer teatro é aprender (a partir de exercicios sinxelos e amenos) a trasladar as nosas vivencias e os nosos sentimentos a personaxes que a priori só existen na mente dun autor teatral.

Cursiños de voz

Faránse exercicios específicos para comezar a sacarlle partido á nosa voz: vocalización, respiración diafragmática, dicción , etc .

Cursiño de expresión corporal

Con isto preténdese (coma sempre a base de exercicios) que os nenos comecen a ver o corpo coma algo máis ca un conxunto de ósos, músculos e articulacións, senón que valoren a capacidade expresiva e a onde podemos chegar se nos observamos e escoitamos un pouco máis .

Cursiño de Clown

Ás técnicas de clown tentan crear o carácter deste a partires da autenticidade, da verdade dun mesmo, provocando a emoción e o sorriso do público. Cada clase divídese en tres partes: Quecemento e desinhibición a base de xogos, busca da imaxe do noso clown, e improvisacións individuais, de dous, de tres e colectivas.

Obradoiro de Zancos

Aprenderáse o manexo e a construcción duns zancos, para así poder vivir unha experiencia única e sentirse coma un xigante.
A priori parece complicado pero é moi sinxelo. Unha vez que se aprende poden facerse pasarrúas, animacións, entroidos, etc.

Dirección de obras

Nos ó ter unha longa experiencia neste mundo do teatro, apoiado co Título de Arte Dramática, estamos capacitados para dirixir obras (ben elexidas polo centro ou ben por nós).Somos partidiarios de que antes de subirse a un escenario a representar unha obra se faga primeiro algún cursiño para aprender unhas mínimas nocións. De tódalas maneiras vostedes deciden e nós asesoramos.