CRÍTICAS
 

Revista Escaramuza, número18, verán 2005, revista editada pola Asociación de Actores Directores e Técnicos de Escena de Galicia.

Extracto do artigo sobre a Feira do Teatro de Galicia 2005.

....En conclusión, na cidade de Compostela vense consolidando un evento que , ano tras ano, vai dando decididos pasos cara a calidade (e non só falamos dos espectáculos, malia certas ausencias notorias de traballos que estarían ao nivel do programa definitivo como é o caso de "Ondas" da compañía Nove-Dous)....

 

Extracto da crítica feita na Revista Galega de Teatro, número 43, Verán 2005.

....Jouse García remove sobre as táboas, en solitario, un producto áxil, cómico, que explora nos lindes da ficción e da realidade, salpicado de elementos meta- e interteatrais....pero, sobre todo, ergue con soltura un traballo escénico cunha grande arma : a da interpretación, a dun visible esforzo actoral e iso, ao meu ver. merece o máis honesto dos aplausos. Parabéns....

...E así comeza a función : roupa fóra, maquillaxe e interpretación dun "novo ser" cunha nova muller. Observamos o proceso de caracterización desoutro personaxe que só existirá no espazo da reclusión desas catro paredes e que, tan só cun bater de ás, emigra a lugares da imaxinación e do atrevemento. Fóra de aquí, coma na arte dramática, o actor colga a máscara e o seu personaxe deixa de vivir. Para o redobro da ficcionalidade, pois, resulta moi atinada a elección da maquillaxe e da vestimenta, que neutraliza ao actor e posibilita a creación de varios rexistros sen necesidade de cambios excesivos: un nariz vermello para traballar de clown, unha toalla para interpretar unha personaxe feminina, a viabilidade de pasar de ser narrador da acción a intérprete....

...Agardamos, pois, que este brinde á profesión e á arte do teatro, que esta onda de liberdade molle areas con gusto. Oxalá divirta e faga pensar (quizais máis o primeiro có segundo, consonte os seres cos cales ás artes escénicas lles tocou xogar nesta era multimedia).

 

Ver crítica completa