O que van
ver e escoitar aquí é material de primeira man.
Criminais que realizan confesións, sen conta, de plano,
de canto, directas, sen máis desexo que explica-lo seu
arrouto. Confesións que se fixeron tentando, sen dúbida,
poñerse a ben con Deus, fuxindo do pecado. Hai que recoñecer
que os homes somos como nos fixeron e querernos facer responsables
do que, de súpeto , nos empuxa a saír de nós
mesmos é un orgullo que eu , persoalmente, non comparto.
Imos escoitar a pao seco as razóns nada escuras que os
levou ó crime, sen outro motivo que se deixar arrastrar
polo seu sentimento. Inxenuamente, todos eles din verdades.
Veremos tamén crimes de todo tipo e algunhas das situacións
que os provocan. Hainos de tódalas clases e variedades
e, tal e como están os tempos, foi moi sinxelo facer
unha escolma. Polo xeral , o espectador é moi sanguiñento
e todo o que esixe do crime é unha apaixoada fervenza
de sangue... chof, chof, chof...; o espallamento ostentoso neste
caso chega para satisfacer á maioría do público,
aínda que nós tamén nos lembramos do coñecedor
advertido, aquel que ten gustos máis refinados.
Pero todos estes criminais, absolutamente todos non saen do
que son. Non se gaban. Danse a ver con sinxeleza. Soamente piden
a súa comprensión.
O home de hoxe soamente ten en conta o fracaso. Non imos a ningures.
O grande anceio é, agora, a mediocridade: vence-los impulsos.
No seu submundo, estes humildes criminais vanse explicar aquí
sen saber sequera como. Son tan mediocres coma todos nós
, que non nos atrevemos a berrar no enorme proceso do noso tempo.
Aceptamos o que nos impoñen adrede. Non discrepamos.
Todos de acordo.
Endexamais estivemos tan preto da terra. E tragaranos sen rastro.
Non lle botemos a culpa a ninguén. Perdeuse a sementeira.
Quizais polo mal tempo.
DURACIÓN
: 1 h. 10 min. aprox.
XÉNERO : Comedia
TEXTOS : Max Aub , Shakespeare.
ACTORES : Josi Lage e Jouse
García
TRADUCCIÓN : Xosé Prada
TÉCNICO : Lois Soaxe
DIRECTOR : Roberto
Cerdá
TEMA :
O crime visto como arrebato, os malos tratos físicos
e psíquicos de homes a mulleres e de mulleres a homes,
a pena de morte, a frialdade e pasividade coa que esta sociedade
ve pasar ante si a inxustiza que se comete no mundo .
Os actores dan vida a máis de 40 personaxes. O espectáculo
componse de varias escenas individuais que teñen vida
propia conexas entre sí polo tema e pola música
(gospell e jazz).
AGRADECEMENTOS
:
Casino do Carballiño, Editorial Calambur, Sergi Belbel.