COPLAS DE CEGO
     
 

Unha comedia que retoma o xénero popular da picaresca, co cego Saturio, e o seu galopín, Cirilo. E que se move a dous niveis, o real: a vida de dous artistas ambulantes, e o onírico: o soño do cego, no que “ve” a Rosalía de Castro, a Eduardo Pondal, e a Manuel Curros Enríquez. A través da súa “visión”, do seu soño, o cego Saturio rexurde, ó mesmo tempo que o está a facer unha cultura, a Galega. Así pois, a obra ambiéntase a finais do XIX, en Galicia. E expón o tema do renacemento, a necesidade de cambiar para crecer. A través do seu soño, o cego amósanos a súa necesidade de cambiar, farto de estar sempre cantando, case exclusivamente, sucesos truculentos, busca novos incentivos, novos retos, e Rosalía ten uns Cantares Gallegos, e unhas Follas Novas que falan de todos nós… A través da Poesía do soño rexurde o cego. O rexistro popular cristaliza en Rosalía e aparece o rexistro culto, con Pondal a lingua faise de ouro.
“Coplas de Cego” comete o atrevemento de carnalizar, de dar vida sobre as táboas ós mitos, inseríndoos dentro da trama dramática. Do expresionismo popular, ó culto, da realidade ó soño.

DURACIÓN : 50 min. aprox.
ACTORES : Jouse García e Lois Soaxe.
SINOPSE : O Cego Saturio e o seu axudante Cirilo gáñanse a vida contando e cantando Coplas que relatan sucesos truculentos.
Fartos destes temas soñan que visitan a Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez para que lles escriban coplas máis “cultas”. Esta é a historia do seu soño.

AUTOR E DIRECTOR : Afonso Becerra de Becerreá. Premio Alvaro Cunqueiro de Teatro.

 
 
 
 
   
 
 
 
 
 
 
FOTOGRAFIAS:D. Atanes