ÁS VECES SENTÍMONOS TAN CANSOS QUE FACEMOS ESTAS COUSAS
Inspirado en textos de Rodrigo García - Dirixido por Roberto Cerdá

O teatro de Rodrigo García posúe unha maneira moi persoal de narrar, aínda que o texto leve ó equívoco. Traballa a palabra nun espacio onde a narración, o fío conductor e a situación foron destruídos. Unha ruptura que ven dada, entre outras cousas, pola maneira de dicilo, polos textos utilizados que en principio son antiteatrais e pola maneira de presentar e combinar o texto.

Dende aí, R. García vai tirando cables e cordas conectadas coa vida cotián do home moderno, coa súa incapacidade de rebelarse. E vai mostrando como ó claudicar con esixencias desta cultura únese sempre ás claudicacións persoais, a chegar a conformarse co amor, e acabar desexando o que sabemos que acaba en frustración.

O teatro de R. García é molesto e non deixa indiferente. Entra sen pudor no máis profundo da ambigüidade, fai reflexionar o espectador mostrando relacións ás veces agresivas e ás veces irónicas, ás veces toca o corazón e ás veces ataca o home e o ridiculiza.

Interpretes: Jouse García, Lois Soaxe, Marián Bañobre e Josi Lage
Textos: Rodrigo García

Traducción: Clara Vázquez.

Técnicos en xira : David Varela e Carlos L. Vázquez.

Escenografía e Iluminación : Roberto Cerdá

Deseño Vestiario: Novedous Teatro.

Producción: Novedous Teatro-IGAEM.

Axudante de dirección :Carlota Ferrer.

Dirección: Roberto Cerdá.